Hoxe tivemos un día cheo de xogos de auga. A primeira hora fixemos diferentes grupos compostos por rapaces e rapazas dos Minions (7 anos), Vengadores/as (8 e 9 anos) e Rebeldes (10, 11 e 12 anos). Deste xeito, xurdiron tres grupos diferentes, cada un deles cun grito de guerra e pintura na cara propia.
E despois dunha divertida mañá na que houbo moitas sorpresas, como o noso particular tobogán acuático, rematamos a xornada cunha batalla campal con globos de auga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.