luns, 27 de xullo de 2015

Non e un espellismo é o grupo Frozen


Hola Boas! Como foi a vosa fin de semana? O grupo de Frozen quizás estivemos un pouco cansados debido á grande semana pasada na que xogamos e nos divertidos ata aborrecernos :). Aquí van unhas fotiños das actividades que fixemos .

Fomos de excursión por Fene. Fixemos unha primeira parada no "Parque da galaxía imaxinaria" onde repuxemos forza e tomamos a merenda para logo seguir o noso camiño ata o "Museo do humor de Fene", onde nos encontramos cuns espellos alucinantes que distorsionaban o noso corpo de distintas formas, facéndonos moi altos ou moi baixos. Fixeronnos moita gracia e votamos unha foto do momento. Aquí a amosamos:


 A guía do museo propúxonos facer un debuxo e aquí estamos mans a obra!



Logo de ensinarnos o museo e contarnos unhas historias fenomenais, fixemos unha foto de grupo para ter un recordo da visita.

O venres participamos nun "Rally" xunto aos nosos compañeiros/as, no que tivemos que fabricar un coche para poder obter o permiso de conducción e pasar a itv! custounos o noso!! pero fixemos un traballo grupal moi bo para que todo estivera listo e.... sabedes?? conseguimos a nosa "L" e o carnet de conducción do noso vehículo.




 Hoxe luns, visitamos radio Fene , xunto aos nosos compañeiros/as do grupo "Aventureiros" (grupo de cinco anos), onde grabamos unha canción para ser emitida proximamente nas ondas.


 Ao chegar da radio xogamos na clase ata a hora da saída.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.