luns, 20 de xullo de 2015

Que bó lúns!!


Hola a todos/as!! Xa e lúns e voltamos con moitas ganas ao Campús Verán Máis Alá ,  para seguir xogando e aprendendo.

Esta xornada estivo chea de actividades !!!

Fixemos as nosas máns sobre unha cartolnia e as decoramos con xiz de cores e purpurina, para que brillaran coma as pegadas dos grandes actores de Hollywood!


Ensaiamos a canción coa que debutaremos en radio Fene!!, estade atentos á nosa próxima intervención nas ondas, aínda que avisaremos con tempo para que non vo-lo perdades.


E seguimos co obradoiro de igualdade, no que  traballamos conceptos coma respecto e igualdade de xénero, pintando uns debuxos para despois pegalos sobre papel continuo e poñer a silueta das nosas mans ao redor, e quedounos este estupendo mural! , que colgamos no corredor do colexio!!
Tamén vimos uns videos super chulos sobre a igualdade na aula de informática.


Por hoxe nos despedimos , pero seguimos dando no guerra no Campus Máis Alá!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.