xoves, 30 de xullo de 2015

INFORMACIÓN POTE DE MANIÑOS

Mañá, 31 de xullo como festa de último día de Verán Máis Alá, xantaremos no Pote de Maniños. Sairá un autobús ás 14.00 horas con todolos/as nenos/as inscritos na festa desde o CEIP Centieiras. Prégase ás familias que se desprecen directamente ó Pote para atoparse alí con eles, sen achegarse ao colexio. Os nenos e nenas serán acompañados ata O Pote polo equipo de monitorado.

Está programado o xantar para ás 14.30. Ás 16.30 comezarán as actividades coas familias e a dinamización da festa. Ás 19.00 faremos unha bonita despedida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.