mércores, 15 de xullo de 2015

Excursión ao Muncyt e á praia do Orzán

Hoxe os e as Rebeldes fomos de excursión a Coruña. Alí visitamos o MUNCYT e a praia do Orzán, onde estivemos xogando na area. No MUNCYT vimos cousas moi interesantes como robots, a cabina dun avión e elementos deste coma as caixas negras, fuselaxe... Deixámosvos unhas cantas fotos do noso día alí.










Onte tamén nos divertimos moito facendo entrevistas para o noso making off e un obradoiro de manualidades con temática pirata, aproveitando que comezamos a semana do cine de aventuras. Os resultados foron loros, barcos piratas, catalexos... 
E por último, rematamos de pegar as nosas fofuchas de superheroes. 








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.