sábado, 25 de xullo de 2015

Resumo da semana dos Superminihéroes

Por un fallo do sistema alleo á nosa vontade temos varias entradas pendentes no blog esta semana. Así que este post vai ser un pouquiño longo, ou máis ben, vai vir cargadiño de imaxes. Imos aló!!!

 O mércores rematamos os coches que empezamos o martes. Están feitos con material de refugallo. Sen dúbida algunha , unha maneira moi intelixente de facer xoguetes  reciclando.


¡¡Mírade que bólidos máis simpáticos!!

E para o obradoiro de efectos especiais fixemos  "Paus de choiva" 



O xoves fomos de excursión ao Museo do Humor e ao Parque da Galaxia Imaxinaria


¡¡Qué risa no corredor dos espellos!!


Aquí estamos todos coa estatua de Xaquín Marín

E esta é Almudena que nos ensinou cousas moi interesantes do museo

Fomos merendar ao Parque da Galaxia Imaxinaria

E pasámolo bárbaro nos columpios



O venres empezamos a elaborar a decoración da nosa clase para a festa de fin de campus.
 A ver, a ver ...que sae de aqui??? Sorpresa!!

E despois de merendar participamos nun Rallie Imaxinario cos nosos compañeiros e compañeiras: Aventureiros e Frozen


E nada mellor para acabar a xornada  que un circuito de psicomotricidade en compaña do grupo de Aventureiros.

E ata aquí a semana dos Supeminihéroes. ¡Vémonos o luns!



Aviso ás familias dos Supermihéroes:

Fai dúas semanas que temos na aula este pantalón e estes calcetíns de nena. A dona sacounos da súa mochila na hora da merenda e deixounos enriba da mesa, pero non sabemos que nena foi,  están sen nome. Xa volos ensinamos un día na hora da recollida pero ninguén os recoñeceu. Se alguén os bota en falla, preguntádenos a Carla ou a Rosario por eles. Grazas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.