venres, 17 de xullo de 2015

Resumo semanal do grupo de Vengadores

Boas tardes!

A continuación imos comentarvos como nos foi a semana aos/ás Vengadores.

O martes parte do grupo foi a visitar Radio Fene, alí falamos un pouco da historia dos cines de Fene e do ben que o estamos a pasar no Campus. O resto do grupo fixemos uns lapiceiros moi divertidos co material para reciclar que trouxemos da casa.

Tamén grabamos parte da curtametraxe que estamos a realizar. Estanos a quedar xenial e moi divertido.

Antonte fomos de excursión ao MUNCYT, o museo nacional de ciencia e tecnoloxía que hai na Coruña. Pasámolo moi ben e aprendimos un montón de curiosidades que descoñeciamos.



Onte vimos o filme Tadeo Jones e despois fixemos un xogo no que seguindo unhas pistas conseguimos atopar o compás perdido.


E para rematar a semana fixemos unha guerra de auga. Aínda que non acompañou o tempo pasámolo xenial.


Seguiremos informando.

Un saúdo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.