mércores, 8 de xullo de 2015

Unha nova semana para os Superminihéroes

O luns, os Superminihéroes fomos á piscina


Dividímonos en dous grupos máis pequenos para entrar no auga. Mentres o primeiro grupo chapoteaba , os que íamos na segunda quenda xogamos no campo un ratiño.

Xa de volta no colexio pasamos polo aula de informática. 




O martes comezamos a preparar o "atrezzo" que necesitaremos para poñer en marcha a nosa curtametraxe.




E o rematar as nosas mans quedaron así ...

Como a choiva non nos deixou sair ao patio tivemos sesión de cine: "Tiana e o sapo", cos nosos compañeiros do grupo de 5 anos.


                                         

Nota:
O luns, na piscina , quedou esquecido este gorro. Si algunha mamá ou papá o recoñece que faga o favor de pedírnolo. Grazas

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.