Xa se achega a recta final do campus e iso vaise notando xa que cada día querémolo aproveitar ao máximo facendo unha chea de cousas. E este venres tocounos converternos en artistas a primeira hora e despois en conductores dun coche de rally e xa para rematar a xornada tivemos un percorrido de psicomotricidade no que puxemos en funcionamento todos os músculos do noso corpo e todo isto acompañado dos nosos compañeiros e compañeiras Superminiheroes e Frozen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.