xoves, 30 de xullo de 2015

FESTIVAL VENRES 31 DE XULLO

Mañá, como derradeiro día de Verán Máis Alá! 2015, temos preparados un festival de fin de campus, onde tódolos grupos farán unha mostra do traballo de todo o mes, por iso é necesario que cada neno/a veña cunha roupa específica. Amósase a continuación o que se necesita para cada grupo:

- SUPERMINIHEROES (3 e 4 anos): camiseta vermella, pantalón vaqueiro ou azul.

- AVENTUREIROS ( 5 anos): camisera branca, pantalón vaqueiro.

- FROZENS(6 anos): camiseta lisa, pantalón vaqueiro, gorra e gafas de sol.

- MINIONS (7 anos): camiseta azul ou amarela, pantalón vaqueiro.

- VENGADORES (8 e 9 anos): camiseta azul ou vermella e pantalón vaqueiro.

- REBELDES (10,11 e 12 anos): camiseta branca, pantalón azul ou vaqueiro e gorro ou viseira.


Como cada día, os nenos/as teñen que traer almorzo.

Informamos de que é unha xornada de portas abertas onde as familias están invitadas a acudir a partir das 11.30 para a mostra que con moito xeito teñen preparados tódolos grupos.


Moitas grazas e un cordial saúdo

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.