venres, 3 de xullo de 2015

Os "Superminihéroes" entran en escena

¡Ola a todos!
Ímonos presentar. Somos o grupo de 3 e 4 anos do campus, somos os...

 SUPERMINIHÉROES

As nenas e nenos máis rápidos, máis fortes e con máis encanto do Verán Máis Alá. 

O mércores as nosas monitoras, Carla e Rosario, faláronnos dos tres R : Reducir, Reutilizar e Reciclar e da súa importancia. 


 E agora na nosa aula temos dúas caixas que nós mesmos decoramos para reciclar. Unha de cor azul para o papel e outra de cor amarela para envases e plásticos.


Como os nosos dediños teñen que estar moi áxiles tamén xogamos coa plastilina. Moi importante para estimular a nosa psicomotricidade fina, porque en nada imos tener que escribir moito.

E agora ímosvos contar o que fixemos hoxe...

Empezamos cuns monicreques superhéroes usando material de refugallo como son as cápsulas de café

 Un Spiderman, un Batman, un Increible Hulk e un Superman

Tamén fixemos un circuito de psicomotricidade





Ademáis hoxe entrou en circulación o noso libro viaxeiro. Como imos seguir a orde da lista, o primeiro en levalo foi Alex.
Aquí está María  asinando coa súa pegada para que todo mundo sepa que o libro dos Superminihéroes e noso.

 Por último recordarlles ás mamás e aos papás que o luns imos á piscina. É moi importante ser moi puntuais porque sairemos ás 10.00 en punto e non olvidedes ningunha das recomendacións citadas na circular.
Pasade unha boa fin de semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.