martes, 28 de xullo de 2015

Axentes en acción!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


Vaia día o de hoxe!! Este martes xuntámonos todos os nenos e todas as nenas que estamos en Verán Máis Alá porque tiñamos unha misión en común, salvar ao mundo dun virus/sustancia que nos contaminaba, a TRANQUILINA!!!! Para elo primeiro nos caracterizamos como verdadeiros/as axentes en acción!




E despois tivemos que superar un montón de probas; unha gymkana, xogos de habilidade, adiviñanzas, probas de puntería e ata un labirinto, canto traballiño! Pero todo isto pola mellor das causas, salvalo mundo da TRANQUILINA! Aquí van algunhas fotos destas aventuras!











E unha vez que o mundo xa estaba a salvo, nada mellor que unha gran festa con baile e globos!!! Globos na barrigola, xeonllos, cabeza, subindo, baixando....!











Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.