martes, 14 de xullo de 2015

Superminiheroes pasámolo pirata!!

Unha nova semana para o grupo de Superminiheroes (3/4 anos) no Campus Lingüístico Verán Máis Alá 2015!!!!

Onte pintamos un mural entre todas e todos co mapa do noso tesouro.

Tede por seguro que disfrutamos un montón facéndoo.



Despois tinximos papel con axuda de café soluble para facer un mapa para cada un de nós.



Mirade o resultado.... é xenial ¿verdade?

E claro está , despois da elaboración dos mapas había que facer unha "Búsqueda do Tesouro"

Unha vez que atopamos a pezas perdidas do puzzle, montamolo entre todos,

Hoxe fomos o aula de informática. Xogamos con Jake e os piratas de Nunca Xamáis


E tamen fixemos xogos de colaboración e predeportivos. ¡Canto nos gustou xogar co paracaídas!



Ademais o noso Libro Viaxeiro segue visitando a casa de cada un de nós, cada día.


Por último lembrade que mañá imos de excursión ao MUNCYT , Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña. (Se facedes click encima do nome do museo poderedes visitar a súa web). Sede puntuais porque os buses arrincarán ás 10.00 en punto.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.