mércores, 15 de xullo de 2015

Canto traballamos!!


Hola a todos/as!!

Os e as "Frozen" levamos unha semana moi axetreada na que non paramos nin un minuto de facer millóns de cousas e sempre pasandoo xenial! Nas seguintes imaxes mostramosvos no que estivemos argallando estes tres últimos días.

Fixemos o noso propio mapa do tesouro quedounos chulísimo!!



Realizamos un taller onde tratamos a igualdade de oportunidades, para elo debuxamos homes e mulleres en diferentes profesións e unha vez rematados.....


..... Colgamos na aula os debuxos para comentalos e como decoración da aula

 Visitamos o MUNCYT (museo de ciencia e tecnoloxía na Coruña ) e xogamos ao caron da praia de  Riazor.
 E como nos encantaron as vistas e aproveitando o bo día que facía sacámosnos unha foto de grupo para ter un recordo do ben que o pasamos !!!!

Recordamos que o noso libro viaxeiro segue a súa ruta e que pronto chegará a casa de todos os nenos e nenas integrantes do grupo Frozen, estade preparados para a súa chegada e para voltar  cheo de debuxos dos nosos pequenos artistas .




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.