xoves, 16 de xullo de 2015

Os/as Rebeldes lánzanse á procura da Brúxula perdida

Hoxe tivemos un día de aventuras ao completo. A primeira hora da mañá, xunto cos compañeiros/as de oito e nove anos, vimos a película de Tadeo Jones. Nela o principal personaxe persegue o seu maior sono: ser arqueólogo.
Despois do recreo fixemos dous grupos mesturados cos compañeiros/as do grupo Vengadores e fomos a procura da Brúxula perdida por todo o colexio.
E para finalizar o día comezamos a creación dun bolos feitos con material de refugallo e con temática pirata!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.