xoves, 16 de xullo de 2015

Superminihéroes visitan o MUNCYT

Onte o grupo de Superminiheroes fomos de excursión ao MUNCYT, na Coruña

Se xa  a viaxe en bus  foi moi amena....

... a visita ao museo ainda nos gustou mais.

A locomotora de vapor
O faro
O obradoiro de chapuzas

Os robots
Mirade que atentos estabamos cando nos falaban
E subimos na cabina do Lope de Vega, un avión de Iberia, en Bussines, por suposto!


Cales son as cores do arco da vella?
E merendamos a carón do mar
Aquí estamos todos con Carla e Rosario

E despois dunha mañá tan completiña , case todos e todas quedamos durmidiños na viaxe de volta
Por outra banda, hoxe estivemos rodando a nosa curtametraxe. 
¡Que guapos cos nosos disfraces!
Tamén tivemos tempo para o inglés. Rosario contounos o conto "Cat the cat can fly" e máis tarde estivemos mirando contos en inglés e aprendendo palabras novas.

E por último empezamos a elaborar os nosos prismáticos, moi necesarios para vivir grandes aventuras.

Lembramosvos que mañá temos a festa de Ao abordaxe!!, así que non podemos esquecer bañador, chanclas con velcro e roupa para mudarnos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.